1. Saír a fume de carozo.

2. Non ter unha fala máis alta que outra.

3. Escoller como en peras.

4. Polos bois antes do carro.

5. Asar a manteiga na punta dun guizo.

6. Dar coa porta nos fociños.

7. Dar couces contra o aguillón.

8. Esas son fabas contadas.

9. Ser un cu de mal asento.

10. Entre o coiro e a carne.

11. Botar os fígados.

12. Verlle as orellas ao lobo.

13. Andar coa mosca tras da orella.

14. Dar unha no cravo e outra na ferradura.

15. Facerlle a cama a alguén.

 

1. Saír o máis rápido que se pode.

2. Non alterarse por nada, ser comedido.

3. Elixir o que se queira e como se queira.

4. Facer algo moi á présa, antes do debido.

5. Obstinarse con algo imposíbel.

6 Despedir de má maneira.

7. Tentar facer algo imposíbel.

8. Tratarse de algo que escasea moito.

9. Non acougar en ningures.

10. No máis vivo, no que máis doe.

11. Traballar ou esforzarse demasiado.

12. Estar desconfiado, temendo algo.

13. Ver os perigos, os males de algo.

14. Ir mesturando o bo e o mao.

15. Preparar todo para que algo saia mal.