- Era moi fermoso escoitar no interior da catedral de Lugo aquela música tan doce e interpretada con tanto sentimento pola Teresa.
- Parece que desde a túa perspectiva, o único que paga a pena é observar con toda atención os defectos dos demais.
- Este verán dedicareino a practicar as técnicas máis actuais para conseguir un perfecto bronceado.
- O condenado do rapaz non exercita a memoria porque ignora que ese é o mellor xeito de mantela en forma.
- Dentro duns días levareite ao campo para que vexas que non todas as árbores son iguais.
- Hai que ver o interese que tes ultimamente por todo o relacionado coa informática. Nin que esa fose a panacea universal!
- Para estudar a materia de lingua cómpre dominar algúns conceptos: obxecto directo, suxeito, atributo, suplemento, etc.
- Primeiro fixo unha crítica dela ante xente allea, e non contento con iso, logo comezou a murmurar polo baixo non sei que insensateces.
- Iso é diferente: pero non admito que me leves a contraria cando sabes tan ben coma min que eu teño razón.
- Cando o Maximino perdeu os sentidos púxose completamente pálido, mais ao cabo dun instantiño xa tiña un aspecto magnífico.
- Antuerpe Anveres
Capetón Cape Town ou Cidade do Cabo
Castletón Castle Town