- 16 é o ... de 8

- 9 é o ... de 3.

- Teño un ... de zapatos do trinque.

- Non votou o 58% por cento do censo, logo abstívose case a ... dos electores.

- Moitos ... de persoas asistiron á manifestación da Praza Vermella.

- Antes pagaba 5.000 euros, agora paga 25.000, xusto o ...

- Os gardas civís e as monxas antes andaban por ...

- Tiña un rabaño de varios ... de ovellas, preto das 7.000.

- Teño nove laranxas, se me dás unha terei unha ...

- Chámase ... a un conxunto de tres persoas, e a un grupo de catro músicos chamámoslle ...

- Os ovos soen venderse por ...

- Chámaselle ... a un período de 15 días e ... a un período de 5 anos.

- Un período de 10 anos denomínase ... e o de 1.000 ...

- Un período de 40 días recibe o nome de ...

- Unha área é a ... parte dunha hectárea.

- O metro é a ... parte do quilómetro.

- 90 é o ... de 9.

- A sociedade contribuíu con 2/3 para os gastos, o outro ... púxoo o Concello.

- Unha composición musical para dúas voces ou instrumentos recibe o nome de ... ou ...

- A cada unha das catro partes dunha mazá, chamámoslle un ...

- Pescaron ... de anguías.

- 25 é a ... parte de 100, 100 a ... de 700, e 700 a ... de 7.000.

- 10 é ... parte de 120 e a ... de 150.

- Un conxunto de 100 anos chámase ..., e un de repolos chámase...

- O punto equidistante dos dous extremos dunha recta, dicimos que está xusto no ... e que sinala as dúas ... da recta.

|