... AO AFOGADO (Manuel Antonio, De catro a catro) -publicado en 1916 como: Ao mariñeiro afogado-
6º poema do libro. Despois das intencións, o barco, a travesía, a contemplación, a soidade, vén agora o mariñeiro afogado. Utilizando o ti apelativo o poeta dialoga co afogado (desdobramento de si mesmo) e vaille enumerando as perdas que a morte conleva.
...XA CHE levaran os ollos
...relingadores de lonxanías relinga: corda en que van colocadas as cortizas e chumbos na rede de pesca
e pescadores de profundidades
A perda da vista, dos ollos que miran ao lonxe e ao fondo (lonxanías e profundidades)
...Xa che levaran a voz
...asolagada na furna xiróvaga a voz perdeuse na cova que xira como un remuíño
por onde escoan as tempestades na que escorren, esvaran as tempestades
Tamén se perdeu a fala, a súa voz como se a levase un remuíño nunha furna
...Xa che levaran os azos a forza, os ánimos, os alentos
...enmallados na rede sonora enmarañados na rede sonora porque zoa o vento
das cordaxes erectas nos cabos e cordas estirados
Tampouco queda a vida, os ánimos, a forza
...O vento aínda escovaba escovar: cepillar
coas poutas de escuma poutas: uñas curvas e afiadas das aves de rapina
...na xerfa xerfa: superficie escumosa do mar próxima á costa, orixinada polo bater das ondas
..............máis cadaleitos cadaleitos
O vento tampouco é vida, está asociado á morte, angaza cadáveres no mar. É unha imaxe de lecura múltiple ou polipétala (vangardas)
...Ías xuntando soidades a continua soidade
...por un burato do Mar o Mar sempre con maiúscula
chopaches un día a buscarte chopar: mergullarse, somerxerse
Anegado pola soidade tentache atoparte a ti mesmo mergullándote no mar ata a morte, o suicidio
...A noiva goleta goleta: veleiro lixeiro con dous ou tres mastros
...enloitada de branco contradición: a vela branca da noiva, agora de loito polo morto, o barco é a noiva do afogado
...que cose con rutas esquencidas de novo a imaxe do barco que vai cosendo no mar ao navegar, deixando o fío, o ronsel
...acena no vento as súas velas acenar: facer sinais
como ese pano das despedidas. o pano branco utilizábase nas despedidas, agora as velas brancas despiden ao afogado
As tres primeiras estrofas son paralelísticas e anafóricas, tres imaxes nas que se nega a vida e o espazo. a soidade non deixa máis remedio que a morte o suicidio, o vento non trae máis que cadáveres que son despedidos polas velas-noivas enloitadas. É o único poema no que non aparece o nós poético
| Trazos da poética máis tradicional: -Imaxes ligadas á realidade: goleta, vela . -Restos de rima: goleta-velas... esquencidas-despedidas -Anáfora nas primeiras estrofas: xa che levaran -Certo ritmo nas estrofas anafóricas |
Trazos máis vangardistas: |
Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel
Véxase agora o poema de Manuel Antonio:
... AO AFOGADO ...XA CHE levaran os ollos ...Xa che levaran a voz ...Xa che levaran os azos ...O vento aínda escovaba ...Ibas xuntando soedades ...A noiva goleta |
Todos os poemas están perfectamente explicados por Manuel Castelao en Manoel-Antonio De catro a catro, Laiovento, 2010