O CARTAFOL DO VENTO (Manuel Antonio, De catro a catro) cartafol: caderno de notas ou apuntamentos
11º poema do libro. Despois das intencións, o barco, a travesía, a contemplación, a soidade, o afogado, a garda, o peirao, o bar, a balada, vén agora o cartafol do vento.
Comeza cun pasado e despois predomina o presente, un presente inmobilizado no que domina o estatismo, non hai posibilidade de fuxir, non hai vento, non hai alento vital.
Non hai referencias temporais que permitan situar este momento.
O VENTO perdeu as follas
do seu cartafol cartafol
...-esas que os chuvascos
.................................mecanógrafos o ruído da choiva como se fose unha máquina de escribir
...teclean no manual dos mastros? mastro: pao vertical onde se sustentan as velas
Outra imaxe polipétala que afasta a visión da realidade creando unha nova.
O vento perdido.
...As gaivotas non teñen quitasol imaxe humorística; as gaivotas sen tornasol ou sombriña
...pero fan raudos equilibrios fan rápidos pinchacarneiros
polo arame transparente no arame (dos equilibristas) transparente
de tódalas ortodrómicas do ceo ortodrómicas: a distancia máis curta entre dous puntos da Terra, que é unha liña recta
Só nos acompañan os voos das gaivotas
O pailebote sen velas pailebote: pequena embarcación con dous paos de goleta. É un veleiro.
...-Serán esas que o vento
levou no seu cartafol?
...Tamén fai equilibrios no ronsel ronsel: a pegada que vai deixando o barco no mar.
A vida pasada; o barco perdeu as velas e agárrase ao pasado, ao ronsel
...Coa boca aberta
...-cáelle a baba-
...está mirándonos o babión do Sol. babión: torpe, parvo. Sol
Outra imaxe humorística. O sol como alguén parado, aparvallado, sen decisión.
Neste poema non hai ambiente nocturno, pero o Sol está parado, aparvallado porque non hai ningún tipo de movemento debido á ausencia de vento e velas. En resume; presente atemporal e estático.
Trazos da poética máis tradicional: |
Trazos máis vangardistas: |
Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel
Véxase agora o poema de Manuel Antonio:
O CARTAFOL DO VENTO O VENTO perdeu as follas ...As gavotas non teñen quitasol O pailebote sin velas ...Ca boca aberta |
Todos os poemas están perfectamente explicados por Manuel Castelao en Manoel-Antonio De catro a catro, Laiovento, 2010