*Debuxar con moito detalle os membros da vosa familia. Comentar e describi-lo debuxo ós compañeiros.

*Buscar en revistas e recortar persoas de distintas idades. Pegar nunha folla as necesarias para formar unha familia: avós, pais e fillos.

*Inventar un conto a partir do cadro de Botero. ¿De onde veñen? ¿onde van?

*Le-los contos “Mateo en el Prado” ou “La infantita quiere buñuelos”.

*Compara-los cadros de “As Meninas” de Velázquez e Picasso.

*Intentar facer con outro cadro (pode ser a familia de Carlos IV) o mesmo que fixo Picasso con “As Meninas”. Podemos consegui-las formas cubistas cambiando as formas redondeadas por outras angulosas e triangulares.