|
*Observa-la
natureza no outono. Comenta-los cambios, as cores... Recoller materiais
propios desta estación: follas de distintas formas, cores e tamaños,
froitos, cogumelos...
*Observa-los
cadros de Arcimboldo. Distingui-las estacións que representan, falar das
diferencias.
Faremos, posteriormente, entre todos a DAMA DO OUTONO: Debuxaremos nun
papel continuo unha muller con capa e vestido longo (parecida a unha fada)
e pegaremos nela as follas e froitos do outono.
*Facer
individualmente un collage coas follas secas creando formas.
*Estampar
libremente follas, castañas, cogumelos, coliflor ... facendo unha
composición.
*Pinta-lo
outono, observando directamente da natureza, se é posible. Antes fixarémonos
nas cores utilizadas por Gran Wood no seu cadro “O solpor”. Podemos
utilizar ceras brandas, ceras brandas diluídas con augarrás ou tamén
usar rotuladores deixando caer pingas de auga enriba.
*Fixarse
no “Campo de papoulas” de Monet. Comprobar que as flores miradas de
preto son só manchas.
Agora tócanos
a nós: Pintaremos, con témperas aplicadas con esponxa, un fondo en
distintos tonos de verde. Unha vez seco, faremos co pincel pequenas
manchas de distintas cores a modo de flores.
*Confeccionar
entre todos un mural da primavera. Utilizaremo-las témperas para pinta-lo
ceo e o campo.
*Con
distintos materiais (papel pinocho, charón, seda, revistas...) e a técnica do collage farémo-las árbores, flores, nubes,
arco da vella...
Tamén podemos
pegar debuxos recortados de flores, caracois, bolboretas...feitos polos
nenos.
*¿Onde
nos gustaría pasa-las vacacións de verán?
Pintar con
calquera técnica o lugar elexido, a praia, a montaña...
*Facer
un mural dunha praia pegando distintos elementos naturais: area, cunchas...
*Despois
de observa-la natureza no inverno pintar unha paisaxe coas árbores sen
follas. Farémo-lo efecto da neve estirando co dedo plastilina branca nos
tellados, nas polas ...
|