|
*Observar,
nomear e describi-las partes da cara. Compara-la cara de frente e de
perfil.
*Facer
un retrato de nós mesmos mirándonos de frente no espello. O fondo podémolo
realizar ca técnica que empregou van Gogh no seu autorretrato, con
pequenos trazos ondulados combinando distintos tonos.
*Face-lo
retrato de perfil de tódolos compañeiros. Un neno colócase ás escuras
entre a parede e un flexo aceso. Traza-lo contorno da súa sombra cun carbón
de debuxo, despois completalo.
*Partindo
da silueta dunha cara dividida en catro partes iguais. Debuxar un retrato,
recórtanse as partes e intercambianse, formando un retrato diferente.
*Facer
un retrato coa técnica do collage, recortando imaxes de bocas, narices,
ollos... de revistas, pegándoas obteremos rostros sorprendentes.
*Facer
un retrato da nosa nai, coa mesma técnica que o retrato de Matisse.
Marcar ben a silueta con negro, dividi-la cara en dúas partes e pintar
cada parte dunha cor distinta. Podemos utilizar ceras brandas.
*Facer
unha máscar ou un busto con papel maché.
*Debuxar
un retrato de corpo enteiro. Doblando un folio en tres partes, cada neno
debuxará unha parte (cabeza, tronco e pernas) sen que o compañeiro a
vexa. A este xogo os surrealistas chamáronlle o cadaver esquisito.
*Imitar
co noso corpo as distintas posicións que mostre o mestre ou un compañeiro.
Elexir unha posición e debuxala esquemáticamente co lapis.
*Observa-lo
cadro de “A danza” de Matisse e representala entre varios compañeiros.
Xogar a algún xogo de corro. Nun momento determinado do xogo (pode ser ó
para-la música) quedar como estatuas. Despois debuxar unha ou máis
figuras en movemento.
*Despois
de observa-lo cadro de Miró debuxar como sería o home desa muller.
Primeiro co pincel e a pintura negra realizaremo-la silueta e logo encherémo-lo
cadro coas cores primarias. Tamén podemos engadir algúns dos elementos
característicos de Miró: estrelas, lúas...
*Cada
neno debuxará a unha persoa colocada no medio da clase dende distinto ángulo
(frente, perfil, espalda). Posteriormente xúntanse tres nenos, comparan
os seus debuxos e despois de recortalos en anacos formarán un único
cadro entre os tres. Fixarémonos no cadro cubista “A nena do barco”.
*Con
caixas, tubos, cartolina, paus... facer unha escultura dunha persoa.
|