*Observar e describir animais que vemos nos libros, láminas, películas ou xoguetes de plástico ...

*Pintar un animal da granxa co mesmo estilo que Marc, usando cores vivas. “Imaxina que eres un animal da granxa, ¿como pintarías o teu autorretrato?”

*Confeccionar carautas de animais con pratos de cartón.

*Cada neno debuxa e recorta un animal salvaxe que lle guste. Nun papel continuo pintamos unha selva con moitas árbores e vexetación como Rousseau nos seus cadros.

*Modelar con plastilina animais salvaxes e entre todos confeccionar un zoo valéndose de distintos materiais como pedriñas, pauiños ... para face-las gaiolas e demais elementos. Fíxate no cadro do zoo de Macke.

*Despois de mirar o cadro do “Peixe dourado” pintar un fondo mariño con ceras brandas utilizando a técnica de raspado.