|

Monet é
o máximo representante do impresionismo francés. Os
seus cadros teñen atmosfera e unha luz conseguida
con cortas e fortes pinceladas de cores brillantes.
Aquí vemos unha rica sobremesa.
¿Que pensas que é?
Fíxate nos distintos obxectos que hai e na súa colocación.
¿Pensas que forman un conxunto ben composto ou caótico?
¿Por que?
¿Como harmonizan as cores utilizadas?
¿En que dirección entra a luz? ¿Por que o sabes?
|