Paul Gaugin - "Plátanos" (1891)


Paul Gauguin viviu moitos anos na Illa de Tahiti onde comezou a pintar dun xeito diferente, a súa pintura faise máis exótica e primitiva producto da observación da vida sinxela dos nativos.

Utiliza as cores moi fortes, intensas e contrastadas.


¿Cantas persoas hai no cadro? ¿Qué fan? ¿Van comer ou están á espera?

¿De que cor é a súa pel? ¿Pensas que poden ter algunha relación familiar?