Gustave Caillebotte - "Almorzo" (1876)


Caillebotte é un pintor francés da época dos impresionistas, pero de estilo máis realista , pinta escenas domésticas e imaxes da vida contemporánea. Critica á nova burguesía, que gracias ó seu nivel económico permítese levar unha vida totalmente ociosa. Os seus fogares eran o símbolo da estabilidade e a abundancia adquirida.
No “Almorzo”, unha mesa co cristal que destellea e a prata, representan os obxectos valorados polo novo burgués.
Fíxate e describe os obxectos que se ven nesta mesa.


¿Como é a decoración da estancia?
¿Cantos personaxes hai?
¿Quen pensas que pode ser cada un?
Neste cadro tódolos personaxes teñen a mirada fixa cara a baixo, como escondendo a historia que hai detrás deles.
¿Que cres que pensa cada un?
Observa o contraste da luz dentro e fora da habitación. ¿Que sensación te produce?