Con embocadura de bisel: nestes instrumentos o aire é dividido en dous por un borde chamado bisel. Éste pode estar na propia embocadura como no caso da frauta traveseira e no frautín ou dentro do propio instrumento coma nas frautas de pico.
De lingüeta: o son prodúcese pola vibración dunha lámina fina de cana que se chama lingüeta. A cana pode ser simple ou dobre segundo vibre unha ou dúas canas respectivamente.
De lingüeta mixta: hai instrumentos que están formados por lingüetas simples e dobre á vez. Como exemplo temos a gaita.
Vento mecánico: o son nestes aerófonos prodúcese pola vibración do aire impulsado de forma mecánica. Existen dúas formas de producilo: a) Facendo vibrar a columna de aire dentro dos tubos, caso do órgano; b) Facendo vibrar as lingüetas, coma no acordeón.
Vento metal: o son prodúcese pola vibración dos beizos do instrumentista. Teñen unha embocadura ou boquilla metálica, oca e en forma de funil.