Tamén coñecido como frauta irlandesa de seis buratos, pitol irlandés ou flageolet. É un instrumento musical aerófono pertencente a familia de vento madeira. Produce o son pola vibración dunha columna de aire, podendo acadar unha altura sonora de dúas oitavas dependendo da calidade do instrumento e da habilidade do interprete. A súa aparencia externa é similar a dunha frauta doce de pico, pero con só seis buratos. Na súa elaboración empréganse materiais como o metal e o plástico. O seu tamaño varía segundo a afinación. É un instrumento moi empregado na música tradicional irlandesa.