O vibraslap ou "queixada" é un idiófono de percusión. Consistía orixinariamente nunha auténtica queixada de asno que se golpeaba coa palma da man. Hoxe en día existen diversos dispositivos que fan que o son reproduza o orixinal da queixada. É un instrumento frecuente nas obras para percusión de autores latinoamericanos. Aporta ás obras unha sonoridade moi colorista.