É o aerófono máis grave da familia de vento metal. O seu corpo está formado por un tubo de gran tamaño rematado nun pavillón, chaves, cilindros e unha boquilla en forma de funil. Ten varios tubos máis pequenos que se abren por medio dunhas pancas, estas moven uns cilindros permitindo que o aire pase por ditos tubos. Tamén existe a tuba de pistóns.