TROMPETA

Trompeta Boquilla trompeta Sordinas trompeta

Aerófono de vento metal. O son prodúcese ao vibrar a columna de aire no interior dun tubo. A trompeta é o máis antigo e máis agudo dos instrumentos de vento metal. Remóntase ás civilizacións exipcias e hebreas. Está formado por un tubo máis ou menos cilíndrico, por pistóns, boquilla, tudel e pavillóns. Os pistóns permiten o paso polos tubos da trompeta do aire producindo unha gran variedade de sons.