TROMPA

Trompa

Instrumento de vento metal que evolucionou dun corno de animal. Trátase dun tubo longo enrolado sobre si mesmo e dotado de pistóns. Dentro do tubo o aire é obrigado a vibrar polos beizos e a lingua. O instrumentista emprega os dedos da súa man esquerda para controlar os tres cilindros e a man dereita para soster o instrumento dentro do pavillón e así axustarse á afinación e conseguir distintas sonoridades. Ten un son máis doce có da trompeta.