O trombón de varas é un instrumento aerófono de vento metal e que funciona mediante unha vara. Consta dun tubo longo de cobre cunha parte móbil que se desliza na outra e que remata nunha campá. O manexo da vara permite sete posicións, é dicir, sete lonxitudes distintas do tubo, as cales permiten obter unha serie harmónica cun intervalo dun semitono modificando a emisión do aire. Actualmente o trombón máis empregado é o trombón tenor en Si b. Conta cunha sonoridade ampla e expresiva. No século XIX apareceu o trombón de varas con pistóns pero apenas se emprega actualmente.