TRIÁNGULO

Triángulo

O triángulo é o idiófono percutido de varilla máis popular. Constrúese de metal. A varilla de aceiro dóbrase adoitando unha disposición triangular aberta por un dos seus vértices. Produce o son ao ser golpeada cunha barra metálica no lado que se mantén horizontal. Para maior facilidade na súa execución o instrumento manténse colgado dunha cinta. Existen dúas formas básicas de producir o son: polo golpe directo ou por trémolo (xirando a barra polo interior do instrumento e golpeando os tres lados). Existen triángulos de distinto tamaño, sendo os maiores os que producen o son máis grave.