TIMBAIS DE ORQUESTA

Timbais de orquesta Timbais de orquesta

Instrumento membranófono de percusión en forma de caixa ovalada semiesférica de metal. Son instrumentos de altura determinada, pois emiten unha nota concreta da escala musical. Levan unha membrana na parte superior da caixa que é percutida cunhas baquetas grandes de feltro ou forradas de tela. Instálanse sobre un trípode de arcos de madeira ou metálicos. En algúns timbais modernos o tono varía cun mecanismo de tensión accionado mediante un pedal.