TIMBAIS ESCOLARES

Timbais escolares

Os timbais son membranófonos de percusión. Soen empregarse por parellas, sendo cada un de distinto tamaño e provocando así distinta sonoridade. Constan dun corpo de madeira de forma cilíndrico e oco e cun parche de plástico na parte superior. Percútense con baquetas de feltro ou ben forradas de tela. Os timbais poden colocarse sobre un soporte o que facilita a súa execución instrumental. Estes timbais son empregados habitualmente nos centros escolares.