TAMBORA

Tambora

É un membranófono de altura indeterminada. É un tambor con forma cilíndrica que ten un coiro situado en cada extremo. Os coiros teñen a mesma afinación e mentras un se percute coa man o outro golpease cun pao. As tamboras actuais están provistas de ferraxes e tensores metálicos, mentras antigamente a tensión dos parches facíase apretando os cordóns dos aros que fixaban os coiros. Pódese tocar sentado colocándoa sobre os xeonllos ou ben de pé fixándoa ao corpo cunha cinta. Forma parte da base rítmica do merengue da República Dominicana.