Membranófono de percusión. Consta dunha caixa cilíndrica longa que posúe parches de pel a ambos lados. Na parte inferior leva uns bordóns xeralmente de tripa. Percútese con dúas baquetas de madeira e acompaña á gaita e ao bombo. Habitualmente tócase pendurado da cintura.