O sintetizador é un aparato electrónico capaz de producir e modificar os parámetros dos sons xerados. Non se pode considerar un instrumento propiamente dito, senón un conxunto de auxiliares electrónicos que permiten distintos tratamentos dos sons, a súa amplificación, deformación e proxección. Consta de xeradores, filtros, mezcladores e altofalantes. Normalmente traen un teclado acoplado aínda que éste, en realidade, non forme parte do sintetizador. Pode ser monofónico si só é capaz de producir unha nota en cada pulsación de tecla, ou polifónico se produce varias.