SAXOFÓN SOPRANO

Saxofón soprano Lingüeta simple

Aerófono de lingüeta simple. Membro da familia de instrumentos inventados por Adolphe Sax no século XIX. Estos instrumentos de corpo metálico son un híbrido do clarinete e do obeo: do primeiro teñen a embocadura e do segundo o tuco cónico. Aínda que se trata dun instrumento metálico, clasifícase dentro da familia dos de madeira, atendendo o seu principio de produción sonora. Actualmente os saxofóns máis habituais son: o saxofón alto, o tenor, o sopranino, o soprano, o barítono e o baixo.