O punteiro xunto co fol, o roncón, o chillón e o ronquillo, son os elementos esenciais da gaita galega. O punteiro é un aerófono de lingüeta dobre (palleta). Consta dun tubo cilíndrico de madeira e de oito buratos que serven para emitir unhas notas concretas.