Idiófono entrechocado. Provén de Asia. Son discos de metal cun orificio no centro por onde se fixan a unha cinta de coiro ou a un soporte. Para producir o son pódense entrechocar de forma oblícua ou percutindoo cunha baqueta. Existen uns pratillos colocados cara a cara e atravesados por un tubo que se tocan cun pedal.