PIANO DE COLA

Piano de cola

Instrumento de corda percutida. É un dos instrumentos máis versátiles e máis populares. Ten un amplo rexistro de sons o que lle permite acadar unha gran expresividade. Está composto dunha caixa de resonancia sobre un armazón chamado bastidor polo cal pasan as cordas. Estas son postas en vibración por martelos controlados polas teclas. O teclado ten 88 teclas brancas e negras (as brancas representan a gama diatónica e as negras realizan os sons cromáticos). O seu mecanismo é complexo, a tecla pon en movemento un martelo con cabezal de feltro que golpea a corda e volve a súa posición inicial para deixar que a corda vibre libremente. Ten ademáis tres pedais. O da dereita prolonga a resonancia do son, o da esquerda diminúe a intensidade sonora e o central permite que unhas cordas sigan vibrando mentras outras se apagan. As cordas son máis espesas e máis longas no rexistro grave que no agudo.