PIANO VERTICAL

Piano vertical

Instrumento de corda percutida. É un dos instrumentos máis versátiles e máis populares. Os seus precursores foron o Salterio e o Clavicordio. Consta dunha caixa de resonancia de madeira, de macillos, teclas, pedais e cordas. O teclado ten 85 teclas brancas e negras (as brancas representan a gama diatónica e as negras realizan os sons cromáticos). O seu mecanismo é complexo, a tecla pon en movemento un martelo con cabezal de feltro que golpea a corda e volve a súa posición inicial para deixar que a corda vibre libremente. Ten ademáis dous ou tres pedais. O da dereita prolonga a resonancia do son, o da esquerda diminúe a intensidade sonora e o central permite que unhas cordas sigan vibrando mentras outras se apagan. As cordas son máis espesas e máis longas no rexistro grave que no agudo.