Membranófonos de percusión de altura indeterminada. Componse dun marco de madeira cuberto por dúas peles e leva no seu interior uns axouxeres. Adoita ser pendurado do pescozo por medio dunha cinta, aínda que tamén pódese amarrar pola cintura ou no peito. É un instrumento popular galego, tendo un especial papel no acompañamento do canto e do baile galego.