ÓRGANO ELÉCTRICO

Órgano eléctrico

Este electrófono basea o seu funcionamento na utilización de sinais producidas por oscilacións dun xerador de son, sinais que son modificadas e amplificadas antes de ser emitidas polos altofalantes. Ten unhas dimensións parecidas as dun órgano, ten teclados manuais, pedaleiro e botón de control. O órgano eléctrico posúe ademáis unhas combinacións prefixadas de antemán. Mediante pulsadores póñense en marcha os rexistros preseleccionados. Pode ter outros efectos máis complexos como o de resonancia ou reverberación, de vibrato, ...