METALÓFONO BAIXO

Metalófono baixo Metalófonos

Instrumentos idiófonos de láminas de altura determinada. Os metalófonos de artesa constan de caixa de resonancia e de láminas substituíbles. Existen en tres texituras: baixo, contralto e soprano. Poden ser diatónicos e cromáticos. Para percutilo usamos baquetas forradas de gomaespuma. O seu son é característico e ten unha longa duración.