MARACAS

Maracas

Idiófono axitado de orixe afrocubano. Componse dun par de pequenas cabazas con mango cheas con grans de area ou sementes secas. Para tocala pódese por unha parte soster en posición horizontal cunha man agarrando o mango e coa palma ou puño da outra percutindo o pulso, ou ben pódese producir o son a partir da axitación con movementos secos e precisos das mesmas.