MANDOLINA

Mandolina

Instrumento de corda pulsada descendente da mandola. Normalmente ten catro pares de cordas de arame. As cordas de cada par están afinadas ao unísono. Consta de caixa de resonancia, mastro con numerosos trastes e caravilleiro. As cordas tócanse cun puga. A técnica propia deste instrumento é o trémolo.