Instrumento de corda pulsada. Tamén coñecido como guitarra clásica, consta dunha caixa de resonancia en forma de oito, cunha abertura de resonancia na tapa harmónica, dun mastro con dezanove trastes e seis cordas. As ténicas de interpretación permiten unha gran diversidade de timbres e expresións. As cordas pódense puntear coa unlla ou coa xema dos dedos, ou ben pódense realizar acordes secos propias da música popular (peiteado). É un instrumento polifónico, capaz de emitir variso sons á vez. A guitarra é de uso común na música clásica e na popular.