GUITARRA ELÉCTRICA

Guitarra eléctrica

Instrumento electrófono. Produce o son mediante a vibración amplificada dun sinal eléctrico. Necesita un amplificador e altofalantes para poder oir o son. A caixa da guitarra eléctrica posúe unha serie de ocos para introducir uns pequenos micrófonos que recollen a vibración e a transmiten como impulsos eléctricos. As cordas soen ser de aceiro e a tensión non é moi grande para posibilitar que se pisen os trastes. Coma as demais guitarras consta de tres partes claramente diferenciadas: caixa, mastro e caravilleiro.