GUITARRA ACÚSTICA

Guitarra acústica

Instrumento de corda punteada. Descendente da guitarra clásica, consta dunha caixa de resonancia, un mastro, caravilleiro e seis cordas. O mastro ten unhas divisións que se chamas trates e facilitan a localización dos diferentes sons. As cordas a diferenza da guitarra clásica son metálicas. É un instrumento polifónico, capaz de emitir varios sons á vez.