GAITA

Gaita Gaita

A gaita é un aerófono da familia de vento madeira. É un instrumento popular e que conta cunha grande tradición aínda que a súa orixe é incerta. Provista dunha bolsa que ten aire de reserva, o aire é introducido na bolsa ben polo alento do executante ou polo fol manexado co brazo. A gaita é un instrumento de lingüeta mixta pois presenta unha lingüeta simple no roncón, no ronquillo e no chillón (pallóns) e, unha lingüeta dobre no punteiro (a palleta). É un isntrumento cunha alta potencia no seu son. A gaita galega pódese considerar a cornamusa de Galicia e Asturias.