FRAUTA TRAVESEIRA

Frauta traveseira Frauta traveseira

Aerófono de embocadura. Orixinaria de Asia, chega a Europa no século XII. Esta frauta consta dun tubo cilíndrico de metal e caracterízase por ter a embocadura nun lateral cerca dun extremo, a través do cal o instrumentista fai incidir unha corrente de aire. Colócase de forma horizontal, polo xeral sobre o lado dereito da cara. Actualmente esta frauta emprega un sistema de chaves que lle posibilita unha maior extensión. Existen ademáis outros tipos segundo a texitura: frauta piccolo ou frautín, frauta baixo e frauta alto