FRAUTA DE PICO SOPRANO

Frauta de pico soprano

Aerófono de embocadura. É unha frauta recta de madeira ou plástico, accionada polo beizos do instrumentista aplicado ao extremo superior do instrumento. O número de buratos é de sete na parte dianteira e un na traseira; os modelos máis grandes están provistos dunha chave para a nota máis grave. Hai distintos tipos de frautas de pico en función da súa texitura: baixo, tenor, contralto, soprano e sopranino. Estas frautas tamén reciben o nome de "frautas doces" debido á suavidade do seu son.