A frauta de corredeira ou de émbolo é un tubo oco sen buracos en cuxo interior atópase un émbolo que, unido a unha varilla situada no extremo inferior do instrumento, é capaz de realizar glissandos. Ao estar a varilla abaixo, a dimensión do tubo é máxima, e polo tanto a columna de aire de maior lonxitude, o que produce sons graves; no caso contrario os sons son agudos.