FAGOT

Fagot Fagot Lingüeta dobre

Aerófono de lingüeta dobre. Membro grave da sección de vento madeira da orquesta que se desenvolve a partires da "Bombarda". Está formado por dous tubos paralelos e unidos no extremo; un tudel curvo que contén a dobre lingüeta e a boquilla únese ao extremo superior dun dos tubos; o outro remata nunha campá por onde sae o son. Actualmente o fagot conta dun sistema de chaves moi sofisticado inventado por Heckel. Ten un timbre profundo e grave.