Os crótalos con idiófonos entrechocados de orixe asiático. Son pequenos pratos de cinco centímetros de diámetro. Existen dúas formas de percutilos: na primeira tómanse un en cada man e fanse entrechocar os extremos ou frontalmente, e outra forma é introducir un no dedo índice e o outro no dedo pulgar e facelos entrechocar frontalmente. O seu son é moi característico.