Aerófono de lingüeta dobre derivado do fagot. É o instrumento máis grave da familia. O seu tubo supera os cinco metros, pero polas súas dobreces vese moito máis reducido. Estas dobreces fan que o son sexa unha octava máis grave que o fagot. O contrafagot ten na parte de abaixo un puntal sobre o que se apoia o instrumento.