CONTRABAIXO

Contrabaixo

Instrumento de corda con arco, o maior e máis grave da familia do violín. Está formado por caixa de resonancia, mastro e caravilleiro. As súas cordas ao aire son Mi, La, Re e Sol, as cales soan unha oitava grave das notas escritas. O contrabaixo é un instrumento que tamén é moi empregado no jazz e na música popular.
O arco do contrabaixo é o máis curto de todos os instrumentos de corda fretada.