Instrumento de vento provisto de lingüeta simple. Orixinalmente provén do "Chalumeau" a finais do século XVI. É de madeira de ébano e composto por catro partes: boquilla, corpo superior, corpo inferior e pavillón. O clarinete moderno ten un complicado sistema de chaves desenvolto por Boehm. Existe varios tipos en función da súa tonalidade: clarinete contrabaixo (de metal), clarinete baixo, clarinete alto, clarinete en La e clarinete en Mi b. O máis empregado nas orquestas actualmente é o clarinete en Si b (instrumento transpositor).