CASTAÑOLAS CON MANGO

castañolas con mango

As catañolas son idiófonos entrechocados. Constan de dúas placas de madeira cóncavas. O instrumento é de orixe asiático. Poden ir unidas por un cordón que se suxeita ao dedo pulgar e que debe manterse flexionado para que non se xunten as dúas partes ou ben poden ir suxeitas por un mango ou soporte de maneira que as placas golpeen contra unha fina placa de madeira que as separa. As tarrañolas galegas son descendentes das primitivas castañolas e perviven como instrumento popular.