O caixón é un idiófono de altura indeterminada e de percusión directa. Procede de Cuba e Perú. Consta dunha caixa oca de madeira que se percute polas mans. O instrumentista séntase sobre o caixón e vai tocando os lados do instrumentos movendo de arriba a abaixo para cambiar os sons. É un instrumento empregado actualmente na rumba cubana e no flamenco moderno.