CAIXA TUBULAR CHINA

Caixa tubular china

As caixas chinas son idiófonos de percusión indirecta por ser golpeadas por unha baqueta. Teñen o seu orixe no termo inglés "wood-blocks", de traducción bloques de madeira. Existe un "wood-block" americano que consiste nun bloque cilíndrico e alongado de madeira cun oco e que soa ao ser percutido cunha baqueta de madeira. É menos habitual que a caixa china formada por unha cavidade cúbica de madeira. O seu son é seco e duro polo que hai que modelar a súa percusión para obter distintas sonoridades.